Friday 17 de May de 2024

Os encoros de abastecemento da demarcación Galicia-Costa atópanse ao 70% da súa ocupación total


O encoro de Beche é o único que se atopa ao 100% da súa ocupación, seguido do de Pontillón de Castro e do de Baiona, que superan o 90%; mentres que o encoro de Caldas de Reis é o que presenta o menor volume de ocupación cun 44,85%

Os encoros da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, administrados por Augas de Galicia, atópanse ao 62,93% da súa capacidade total. Concretamente, os de abastecemento, ao 70,27%, e os de uso hidroeléctrico ou industrial, ao 62,22%. Así se recolle no último informe no que se sinalan os datos da evolución dos recursos hídricos na Demarcación Galicia- Costa, recollidos o 30 de novembro, e no que se indica que os 19 encoros de Galicia- Costa contan cun volume total de 491,06 Hm3, dos 690,15 (volume total).

En comparación cos datos recollidos o ano pasado na mesma data, a ocupación dos encoros redúcese nas dúas bacías, tanto na de abastecemento como na de uso industrial. Así, o ano pasado a ocupación dos encoros de abastecemento era do 73,52%, mentres que este ano é do 70,27%; e no caso dos de uso hidroeléctrico na mesma data alcanzaban os 82,73%, e a os datos recollidos no informe chegan ao 62,22%.

O encoro de Beche é o único que se atopa ao 100% da ocupación, seguido dos encoros de Pontillón de Castro e do de Baiona que superan o 90%; mentres que o de Caldas de Reis, cun 45,98%, é o que presenta un menor volume de ocupación

No que se refire ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, o encoro de Touro é o que ten maior volume de ocupación. Na táboa, sinálanse os datos do estado actual dos encoros de abastecemento (azul) e de uso hidroeléctrico (verde).

Na páxina web de Augas de Galicia poden acceder ao Boletín Hidrolóxico, no que se amplía a información sobre a evolucións dos recursos hídricos no ano hidrolóxico 2015-2016.